Un ano máis participamos no Talent for Change, a feira solidaria organizada polo IES Johan Carballeira, compartindo creatividade xunto a outros centros educativos de Bueu.
O noso alumnado levou propostas cheas de imaxinación: medallas ao talento, imáns personalizables, obradoiro de chapas ou un creador de partituras. E coma sempre levamos unha pequena biblioteca con nós.
Todo o recadado foi destinado ás asociacións Inventiva e Ruido de Fondo. Grazas a todos por colaborar!!




Ningún comentario:
Publicar un comentario