Amosando publicacións coa etiqueta concurso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concurso. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de abril de 2025

Premio no concurso de podcast Radio na biblio

Hoxe estamos de Noraboa! Recibimos  a noticia da resolución dos premios do VII Concurso de Podcasts Radio na biblio. Un programa realizado en clave de humor polo alumnado de 3º e 4º de primaria, sobre as Cantareiras homenaxeadas nas Letras Galegas.

Sabichón 2P2 é un robot extraterrestre que , a través da súa descoberta inesperada coa cultura galega, descobre a importancia das cantigas Polulares. 

Podedes escoitalo aquí!






Coma en cada produto final, hai un gran traballo detrás. Nesta ocasión aproveitamos para investigar sobre as Cantareiras, as nosas raíces e as nosas homenaxeadas nas Letras Galegas. 



Noraboa a tod@s. Un traballo de cine, nun curso de película!
    

mércores, 18 de maio de 2022

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Este ano coñecemos ao poeta, Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado polo Día das Letras Galegas. Fixemos unha exposición e concurso en colaboración coa A.C Costumes de Cela, propoñendo unha interesante actividade chea de respeto e amor pola nosa contorna como facía o autor (agro, xente, construccións, gastronomía...) e destacando tódalas virtudes que fan de Cela un lugar único. 

Este ano fixemos unha pequena exposición cos carteis enviados desde a xunta, e completamos cos traballos do alumnando sobre a nosa contorna. Estes traballos forman parte do concurso da Asociación cultural e que estarán expostos tamén o día 21 durante a festa que se está a organizar. Aquí temos unha pequena mostra do que fixeron por aulas:

Infantil - o que máis lle gusta de Cela.

Primeiro e segundo - as súas praias.

Terceiro - as festas

Cuarto - as construccións

Quinto -  os camiños de Cela

Sexto- as escolas da contorna; relacionándoo coa PDI deste ano: "Os planos da memoria"





















luns, 9 de maio de 2022

Torneo escolar de oratoria

O venres pasado tocoulles aos alumn@s de 5º e 6º de Primaria participar no Torneo de oratoria da Fundación Barrié na cidade da Coruña. O alumnado fixoo tan ben que pasaron á final.

Moitos parabéns e a seguir ensaiando para a final!!





venres, 6 de maio de 2022

Torneo escolar de oratoria

 O 29 de abril cinco alumn@s de 3º e 4º de Primaria participaron no Tornero de oratoria da Fundación Barrié. Conseguiron clasificarse na primeira posición, polo que dentro de tres semanas acudirán á final.

Moitos parabéns aos cinco valentes!!!

Torneo de oratoria







luns, 4 de abril de 2022

Concurso ONCE

 Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria participaron no concurso da ONCE "El camino que nos hace iguales". Están moi ilusionados porque percorreron moitos camiños para acercarse á inclusión e entender un pouco mellor as necesidades das persoas con discapacidade visual. 

Fixeron un cartel representando a palabra SUMA cos seus corpos. Os catro camiños que se ven representan os distintos traballos que fixeron para tratar de eliminar barreiras para as persoas cegas. 

Primeiro percorreron o camiño verde buscando barreiras dende clase ata o ximnasio, e atoparon moitas! A continuación seguiron o camiño vermello, que lles fixo reflexionar sobre como eliminar esas barreiras. Despois comezaron o camiño azul buscando a axuda do alumnado de 6º de Educación Primaria, de compañeir@s do cole de Beluso que xa traballaran o ano pasado sobre isto, da Asociación de Nais e Pais e do Centro de Recursos da ONCE. Finalmente percorreron o camiño amarelo valorando todas as melloras conseguidas para as persoas con discapacidade visual. Ao longo do camiño, sobre o fondo branco, colocaron fotografías do traballo realizado. 









Tamén fixeron un pequeno vídeo para que poidades ver algunhas partes do seu traballo.


Destacar que o traballo gustou ao xurado, xa que pasamos a fase provincial! Agora estamos a espera da rexional e nacional.

O mellor é que o noso camiño  continuará para facer da nosa escola un lugar cada vez máis accesible e inclusivo. 


mércores, 17 de xuño de 2020

GAÑADORA CONCURSO FEIRACO

Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria participaron no concurso de Feiraco das Letras Galegas e tivemos a gran alegría que a gañadora foi unha alumna do noso centro.
 Moitos parabéns Leire. Un traballo fantástico!!!



martes, 2 de xuño de 2020

TRABALLOS DO CONCURSO FEIRACO LETRAS GALEGAS 2020

Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria participaron no Concurso de artes plásticas organizado por Feiraco. Fixeron fermosas creacións que podedes ver a continuación.
Bo traballo e que a sorte vos acompañe!!!!















mércores, 20 de maio de 2020

CONCURSOS FEIRACO. LETRAS GALEGAS 2020

Feiraco, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza dous concursos con motivo das Letras Galegas 2020. 
Animádevos a participar!!!
- Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de fomentar a creatividade literaria en galego. Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel carballo centenario…”. O podesde consurtar na seguinte ligazón: Certame Relatos Breves


- Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos  nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas . O prazo de presentación remata o 31 de maio. O podedes consultar na seguinte ligazón: Certame Infantil de Artes Plásticas


martes, 19 de maio de 2020

CONCURSO PARA ECOHEROES

Xunto con Voz Natura temos unha proposta moi interesante para ecoheroes: "O Concurso océanos que unen"
Co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, o próximo 8 de xuño, Campus do Mar presenta «Océanos que unen», un concurso de debuxo e fotografía que busca reflectir a diversidade dos océanos e no que poderá participar toda a familia. As obras presentadas poderán reflectir a diversidade oceánica a través dos procesos mariños ou a súa biodiversidade, tamén os océanos como fonte de recursos e economía azul ou como espazo de encontro.
Para concursar deberanse remitir as obras a través da dirección de correo electrónico: oceanosqueunen@campusdomar.es 
Para presentar os traballos, a data límite de envío será o venres 29 de maio ás 14.00 h ( CET). Toda a información necesaria podedes atopala no ligazón que poñemos a continuación.
Animádevos a participar. I´ve got the power!!!

Océanos que unen" un concurso de dibujo y fotografía para celebrar ...

mércores, 13 de maio de 2020

CONCURSO ANIMALOTES

Sempre quiseches ser escritor? Gústache debuxar? 
Aquí tes un novo reto: Crea a túa propia historia a partir das primeiras páxinas da nova aventura de Animalotes. A historia ten que ser en forma de cómic e o prazo para participar é ata o 22 de maio. A continuación está a ligazón con todos os pasos a seguir: CONCURSO ANIMALOTES
E o agasallo para o gañador/a é un lote de libros valorado en 50 euros.
Animádevos a participar!!!