Ola a tod@s!!! Aquí vos deixamos as nosas recomendacións para este verán.
Felices lecutras!!!
O 2 de maio celebramos o Día contra o acoso escolar. Fixemos un vídeo coas frases para mellorar a conviencia que se recollereon no I Consello Escolar Infantil.
Aqui deixamos o noso vídeo cos cartaces que temos nos corredores.
Ola nen@s!!! Xa temos as recomendacións lectoras para este Nadal. Desfrutade das vacacións coa compañía dun conto.
Felices lecturas!!!
Como actividade final de "Igualadas", organizado pola ANPA, e pola conmemoración do 25 de novembro, os alumn@s de Infantil recibiron a visita da contacontos Raquel Queizás.
Contou dous contos: A historia de "Arturo e Clementina" e un conto no que a Xan lle gustaba bailar e a cor rosa. O lema dos dous contos foi: "Somos iguais".
O 15 de maio celébrase o Día da Familia. Na aula de 4 anos, durante a semana, desfrutaron de vídeos e contos desta temática ("Un puñado de botones", "Mi familia es especial" e "Con Tango son tres") e conversaron sobre os diferentes tipos de familias que existen. Cada un deles falou da súa familia e de que persoas están compostas. E, para rematar, elaboraron unha tarxeta sorpresa para a súa familia.
Feliz día da Familia e noraboa aos artistas!!!
SuperARTE!
Durante o mes de abril nas aulas de Infantil escoitamos moitas historias relacionadas coa Arte, de animais, superheroes, bibliotecas... Un día limos o conto: " Para que sirve un libro" e decidimos crear o noso propio. Primeiro falamos sobre a temática que nos gustaría para a nosa historia e despois, cada un de nós foi inventando unha parte do conto. Decidimos ser coma a autora deste ano das Letras Galegas: "Xela Arias", e o traducimos ao galego. E para rematar a historia, o final o fixemos con pictogramas.
Esperamos que vos guste moito e... deixade voar a imaxinación!!!
O 26 de abril celebramos Día do Neno . O conto elixido foi : "Niños como yo". que nos conta que todos os nen@s do mundo son iguais e teñen os mesmos dereitos e deberes. Fixemos tamén manualidades e escoitamos a canción dos dereitos da infancia de Unicef.
Feliz día do neno!!!!


SuperARTE!
Na aula de 4 anos celebraron o Día do Abrazo escoitando a mestra de prácticas, Laura, que contou: "Hasta que podamos abrazarnos". Como pola situación sanitaria actual non podemos abrazarnos físicamente, o fixemos no papel. Cada nen@ escolleu a foto dun compañeir@ e decoraron o abrazo de amizade como máis lles gustou.
Vivan os abrazos!!!



Coa chegada do inverno e das nevadas, os cativos de Infantil fixeron obradoiros titulados "Folerpas con arte". Quixeron levar a neve ás aulas e o fixeron con actividades manipulativas e creativas. Para crear a neve empregaron auga e bicarbonato ou espuma de afeitar e tamén cueiros e auga. Con ela elaboraron bonecos de neve e xogaron cos animais nela. Os maiores tamén elaboraron folerpas de neve en papel.
Benvido inverno!!!!