luns, 11 de febreiro de 2013

Entroido


 
Toda esta semana os nenos e nenas de Cela viñeron disfrazados de distintos xeitos. Cada día dinlles unha suxerencia distinta. Estaban todos guapísimos!!!



E o venres foi todo un acontecemento! Piñas, cenorias, sandías, pizzas, amorodos, cociñeiros e uvas... Canto alimento e canto arte xunto!!! Mirade:








E cal é a mellor forma de rematar unha festa??? Pois comendo...

Degustación de doces de Entroido cortesía das familias

E movendo o esqueleto....



Mentres tanto na Biblioteca pouca festa pudidemos celebrar. Esta semana andivemos liados con obras e reformas... pero estou moi moi contento co resultado!!


ANTES

AGORA

Agora hai que volver a encher os novos andeis e estrear este mostrador tan chulo... Pero iso, despois dunhas pequenas vacacións!!!

Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario