venres, 28 de xuño de 2013

Visita de "Oli"

Os alumnos de cuarto de primaria recibiron a visita de Xosé Manuel González "Oli", autor de moitos libros que nos encantan e veciño noso!
Durante este curso leron o seu libro "Aníbal quere encoller" e agradeceron moito a súa visita, estiveron moi atentos a todas as súas palabras, consellos e anécdotas.





Pasaron moi bo rato na súa compañía. Para recibilo prepararon un mural con textos e debuxos sobre Aníbal e as súas aventuras. Tamén prepararon unha entrevista: fixéronlle un montón de preguntas para coñecer máis acerca de súa vida como escritor e os seus libros. 




Grazas Oli!! Esperamos que sigas escribindo moitos libros e verte moi pronto!!!


Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario