luns, 10 de marzo de 2014

Investigando sobre os buzos

Os nenos/as do primeiro ciclo aproveitamos a temática do Entroido para aprender sobre os buzos.

Recibimos a visita dos pais de Antón que practican buceo. Eles contáronnos experiencias, ensináronnos o traxe completo e os seus complementos, e fotos de lugares nos que bucearon. Desde aquí dámoslles as grazas pola súa colaboración.
 
Investigamos, plasmamos os nosos traballos nun mural e fixemos unha exposición oral do aprendido na biblioteca para os nenos/as de educación infantil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario