xoves, 15 de xaneiro de 2015

CLUB DE LECTURA DOS MÁIS PEQUENOS

Os oito compoñentes xuntáronse para comentar os primeiros poemas de Acuarelas. Trataban dun circo rutilante, un planeta azul que vira arredor dun sol larpeiro e a estrela de mar que trae unha chave enferruxada dun cofre; iso si, din que alí gardan tesouros.

Pasado o tempo o club de lectura falou arredor de "Tarzán de goma".
Algúns nenos maiores non se dan conta dos abusos que cometen e molestan. Vaia se molestan! Temos que respectar aos demais.

Outro aspecto é que os nosos mestres/as ou os nosos pais/nais/avós... pensan que temos que esforzarnos; pero iso costa. Non somos perfectos e, ás veces, a vontade de conseguir as cousas non chega.

Ata o próximo libro!


Ningún comentario:

Publicar un comentario