sábado, 28 de novembro de 2015

Contra a violencia de xénero

Esta semana celebramos o día internacional contra a violencia de xénero.
Todo o alumnado do centro participou na confección dun mural conxunto onde cada un deixou a súa pegada contra esta lacra da sociedade.




Tamén participamos nunha xornada de xogos cooperativos. Os nenos e nenas de quinto e sexto aprenderon un montón de xogos tradicionais e, despois, exerceron de monitores para os demáis compañeiros. Foi un día para reivindicar pero tamén para desfrutar. 




Dende a Biblioteca recomendamos, para recordar a importancia destes valores, a colección editada por Kalandraka da autora italiana Adela Turín. Durante este día os nenos e nenas de primeiro e segundo traballaron o título "Artur e Clementina".



Espérovos cos libros abertos!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario