venres, 4 de decembro de 2015

GAÑAMOS UN PREMIO!!!!

Estamos locos de contentos!!!

O portal educativo da Xunta de Galicia publicou a resolución do II Concurso de Traballos por Proxectos coa relación dos 16 traballos premiados, correspondentes a actividades levadas a cabo polos centros de Infantil, Primaria e Secundaria no curso 2014/2015.
Podedes velo aquí http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/816

Os parabéns son para toda a comunidade educativa polo seu empeño e esforzo dentro do noso proxecto sobre a pintura, titulado "Un mundo de cor".

Moitas grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia pola súa labor. Dende Santiago nos recordan que non debemos deixar escapar a oportunidade de dar a coñecer os moitos traballos que se están a levar a cabo nos centros, onde as bibliotecas están a liderar a incorporación destas metodoloxías.

Moitísimas grazas a todos e todas... e a seguir aprendendo. Espérovos cos libros abertos!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario