xoves, 10 de decembro de 2015

OBSERVAMOS AS AVES


Os alumnos de terceiro e cuarto, acompañados polos seus mestres e un ornitólogo, visitamos as Salinas de Ulló no municipio de Vilaboa.
O obxectivo da visita encádrase no proxecto anual do centro “Pola beira do río” onde nós afondabamos no coñecemento das aves.

Centos e centos de aves pousan na enseada de San Simón nas súas migracións a climas máis cálidos. Xúntanse así coas que desenvolven a súa vida no lugar ao longo de todo o ano.

Nas imaxes estamos observando os movementos dun ánade real macho e unha garceta branca.

 Salientar e agradecer a http://www.rios-galegos.com/ que nos axudou nas nosas investigacións e pesquisas. O seu creador, o profesor Secundino Lorenzo, cando nos concedeu o permiso para utilizala afirma "Todo o que se coñece e estuda ó final vaise amar, e polo tanto conservar e coidar"O noso agradecemento polo seu labor e actitude de amor á natureza.



Ningún comentario:

Publicar un comentario