venres, 11 de decembro de 2015

Visita ao Río Gafos


Os alumnos e alumnas de quinto e sexto realizaron unha visita ao Río Gafos, da man da asociación Vaipolorío. Alí aprenderon moitísimas cousas relacionadas coas características e conservación dos ríos. Xa que estes nenos e nenas están a investigar as árbores que se poden atopar pola beira do río, nesta visita puideron observar de cerca as especies autóctonas. 


Para ver máis fotos da saída premede aquí http://www.edu.xunta.es/centros/ceiptorrecela/galeria/thumbnails.php?album=24

Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario