luns, 29 de febreiro de 2016

Traballamos na nosa Biblio

Ola!
A nosa biblio ten a sorte de contar con xente moi disposta a colaborar para que todo funcione á perfeción.
Este ano os voluntarios e voluntarias son dos cursos de 4º a 6º pero, ás veces, hai colaboracións especiais dos nenos máis cativos.
Todos encantados de fomentar o bó funcionamento da biblio. Moitas grazas!!





Aproveitamos para contarvos que dos nosos expurgos facemos doazóns á Biblioteca Municipal de Cela, esperando que alí poidan aproveitar estes recursos.

Espérovos cos libros abertos!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario