domingo, 6 de marzo de 2016

Pola beira do río Lérez

Ola!!

O xoves pasado os meus amigos e amigas de 1º e 2º de primaria aproveitaron unha saída ao teatro Abanca de Pontevedra para dar un paseo pola beira do río Lérez.

Percorreron o tramo que está na chamada Xunqueira, e alí observaron quen vive nese río. Miraron a vexetación, as árbores e varios tipos de aves, pero non atoparon nin un peixe e prácticamente ningún insecto. Eles mesmos decatáronse dunha cuestión moi importante. Nas súas propias palabras: "este río ten pouca vida".
Observaron manchas de contaminación, lixo tirado na beira e na propia auga.




Terminaron o paseo sendo conscientes do dano que fai a contaminación á vida no ecosistema do río. Así que voltamos á clase tendo moito que pensar e reflexionar sobre o tema. 


Pronto máis novas. Espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario