martes, 22 de marzo de 2016

Visita de Ana Alonso

O pasado mércores 16 de marzo visitounos a nosa querida autora Ana Alonso.
Os nenos e nenas de 1º e 2º coñecen moi ben a coleción Pizca de Sal, especialmente o título "Una carta muy rara". Ana explicoulles como creou esta serie de libros que tan entretidos nos resultan e dos que tanto aprendemos. Cada un ten unha "pizca" de matemáticas, lingua,  ciencias... 





Tamén estivo cos maiores de 5º, que están a ler "La senda escondida" no clube de lectura, e cos de 6º que xa leron "Un hotel en la bahía".
Explicoulles o proceso creativo dos seus libros e como chegou a converterse en escritora. Despois de soñar dende ben pequena cos mundos imaxinarios que outros creaban e de escribir ás agachadas, empezou a publicar os seus poemas e relatos... e comezou a gañar premios.
Aínda que estudiou Bioloxía agora adícase por completo a tarefa de escribir que tanto lle apaixoaba dende nena.


Asinou os nosos exemplares e respostou a moitas preguntas que tiñamos para ela, sempre cun sorriso e coa amabilidade que a caracteriza.
Grazas, Ana, aquí esperámoste sempre cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario