Pola beira do río

luns, 28 de marzo de 2016

Día da Poesía

O último día antes das vacacións celebramos o día da poesía e adicámolo, como non podía ser doutro modo, a Manuel María. Ten tantísimos poemas relacionados co noso proxecto "Pola beira do río", que resulta unha tarefa difícil escoller só algúns deles.

Pola biblioteca foro pasando todos os grupos para recitar aos compañeiros os poemas que aprenderon. Nos descansos estivo soando o disco de "Uxía canta a Manuel María", así que durante toda a mañá non cesou a poesía, cantada ou recitada.

Velaquí tedes aos nosos poetas.

Infantil 3 e 4 anos from Miriam on Vimeo.

Infantil 5 anos from Miriam on Vimeo.


from Miriam on Vimeo.


from Miriam on Vimeo.

from Miriam on Vimeo.

from Miriam on Vimeo.

from Miriam on Vimeo.

from Miriam on Vimeo.



Ademáis temos no corredor un mural cheo de poemas de Manuel María, ilustrados e cheos de creatividade.

Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario