xoves, 7 de abril de 2016

Pola beira do río Bispo

Fervenza do río Canudo antes de xuntarse co río Bispo ao que aporta as súas augas.





















Os alumnos de terceiro e cuarto camiñaron, no noso municipio, polos carreiros próximos ao río Bispo para buscar como se aproveitaba: lavadoiros, presas de regadío para pastos, productos hortícolas que como no horta escolar precisan auga constante, muíños que coa forza das augas moen o gran, bosques de ribeira que beben auga do río, as vellas tuberías que durante anos sacaban auga para o consumo humano e agoran están xubiladas,  ...
As paisaxes do río tamén animan as persoas a correr, camiñar, pasear, descansar nas casas rurais, facer rutas dos muíños, comer nas romerías, celebrar o encontro do Millo corvo, ...

Ah! non nos esquecemos da parella de patos, ánades reais, que esta semana se trasladaron a vivir ao Bispo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario