O vindeiro encontro será o mércores 13 abril para comentar "Hombres desnudos" de Alicia Giménez, agasallada co premio
Planeta.

Na xuntanza anterior falamos sobre "O último día de Terranova" de Manuel Rivas, publicado pola editorial
Xerais. Obra de recoñecemento para as librerías, lugar de desembarco da cultura e acollida nunha época escura e asfixiante provocada polo franquismo.
Pousaramos anteriormente a nosa mirada e reflexión sobre "La lengua de los Secretos" de Martín Abrisketa, publicada por
Rocaeditorial.
- Cando xa estaba rematando de lelo, facilitado o libro pola biblioteca municipal, baixei a librería para mercalo. Quería telo na miña casa- comentou unha das cinco fieis persoas asistentes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario