luns, 6 de febreiro de 2017

APADRIÑAMENTO LECTOR

Na primeira semana de febreiro os alumnos de quinto apadriñaron a lectura dos seus compañeiros de terceiro de primaria. A actividade ofertada pola biblioteca escolar facilita a cohesión entre os citados cursos no desenvolvemento das relacións titor- titorando dentro do programa TEI, co fin de previr o acoso escolar.

A lectura dunhas páxinas de "Misión Tierra 5" da autora Ana Alonso, ilustrada por Sr. Sánchez e publicada por Ed. Anaya, entretece unha rede entre as actividades de fomento e animación á lectura, o proxecto "A Terra: o noso fogar" e a necesidade de traballar en equipo para saír adiante nas dificultades cotiás.





Ningún comentario:

Publicar un comentario