mércores, 13 de decembro de 2017

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Algunhas das conclusións sobre "El niño que quería construir su propio mundo":
Os compoñentes do club de adultos na xuntanza de decembro.
O libro gustou; pero algunhas páxinas específicas sobre o xogo de Minecraft semellan excesivas para non iniciados.
Educar aos fillos teñan ou non teñan dificultades é sempre unha tarefa que require esforzo. A maioría dos pais delegan nas nais as súas responsabilidades: a loita continúa. Cando as necesidades específicas aparecen nos nenos o traballo aumenta e a administración non oferta os recursos que se necesitan. As familias precisan autoorganizarse.

A vindeira xuntanza o 16 de xaneiro ás sete e media da tarde no Torrecino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario