mércores, 13 de decembro de 2017

PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA

 Recoméndase a web "http://galiciaencantada.com/#" 
"Pequena Mitoloxía de Galicia" é o libro que os adultos van ler para o vindeiro encontro do mes de xaneiro de 2018. Xúntanse os seus compoñentes ás sete e media da tarde na biblioteca do Torrecino.
O encontro é resultado da colaboración entre a biblioteca escolar e a biblioteca municipal en Cela que aportan recursos, coordinación e traballo no seu tempo de lecer.
Os adultos achéganse ao proxecto "Desenterrando os nosos tesouros" dialogando sobre o noso patrimonio inmaterial: mitos, lendas, costumes,...
A obra está publicada por Xerais e os autores son Xosé Miranda e outros.

Cos libros abertos afondando nos nosos tesouros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario