domingo, 17 de decembro de 2017

NADAL NA BIBLIOTECA

Benvido Nadal!!
 A semana pasada comezamos a decoración de Nadal no noso colexio. Na biblioteca fixemos un obradoiro de estrelas nos recreos e os alumn@s participaron moitísmo. As estrelas feitas están agora na nosa entrada do centro.







Como o noso proxecto é "Desenterrando os nosos tesouros", entre mestres e familias elaboramos unha árbore con botellas con mensaxes: "Tesouros por Nadal". A volta de vacacións abrirémolas e faremos un libro.



No corredor da Biblioteca temos unha exposición de libros relacionados con esta conmemoración.


Ademais temos un Apalpador no que podedes sacarvos unha foto.



Animádevos a ler algún destes contos e sorrir para a cámara!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario