martes, 20 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra

O 24 de febreiro celébrase o nacemento de Rosalía de Castro e o noso colexio quere participar na proposta da AELG.
Esta semana na hora de ler temos mochilas viaxeiras de Rosalía para facer lecturas individuais ou colectivas.




Ademais as familias van elaborar cos seus fill@s unha ficha coa ilustración de Rosalía na fiestra e escribirán algúns versos das súas obras. Antes de enviala ao colexio teñen que sacarse unha foto en familia cos versos e despois a mandarán á escola.
A finais desta semana teremos as nosas fiestras decoradas con estes traballos.

Bicosssss!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario