luns, 19 de febreiro de 2018

VISITA DE BARREIRO

Hoxe tivemos unha gran visita do Pintor José María Barreiro.


Investigando sobre o Entroido da nosa zona atopamos un cadro de Barreiro titulado: " Carnaval en Santa María de Cela". Polo que decidimos poñernos en contacto con el.


Aceptou a nosa invitación e esta mañá acudiu ao noso centro. O primeiro que fixo foi explicarnos a difereza entre debuxar e desdebuxar.


Depois pintounos o noso cadro do Entroido. Fixo un adicado a noso centro: "Un pirata con guitarra e a bandeira do colexio de Cela".





E este foi o magnífico cadro co que nos agasallou!!!


Despois visitou a nosa radio: "Faladoiro", onde os nen@s de 5º de Primaria fixéronlle unha pequena entrevista.


Pero non rematou aquí a súa visita... cando estaba a piques de sair do centro, os nen@s de 3 anos ensináronlle os cadros que estiveron facendo.


Moitísimas grazas por vir!!!!











Ningún comentario:

Publicar un comentario