Ola a tod@s!!!
Recordades esta publicación?
No noso corredor tivemos libros de emocións para que os alumn@s leran e lles axudara a elaborar as súas cartas.
Este é o resultado: Un fantástico mural cheo de sentimentos hacia aos seus pais, avoas, amigos, curmáns, tíos, irmáns.. e, incluso, mascotas.
Todos os nen@s recibiron un agasallo pola súa participación.
Foi moi difícil escoller cales eran as máis emotivas, xa que todas estaban cheas de moitos sentimentos. Despois de moito pensar, as elixidas como gañadoras foron as de Xiana de 5º e Antía de 6º de Primaria.
Aquí tedes o programa de radio Faladoiro dedicado ás EMOCIÓNS:
Noraboa rapazas!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario