Amosando publicacións coa etiqueta audios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta audios. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de abril de 2018

DITOS E REFRÁNS

Na clase de valores de cuarto de primaria achegámonos  a tradicións moi respectadas en Cela:

Nós tamén podamos o ficus e ...
Debemos de podar as viñas cando a Lúa mingua ou faise máis pequena; pero a partir de San Vicente, o 22 de xaneiro, xa podemos podar seguido porque o tempo escasea. Di o refrán “A partir de San Vicente, non hai minguante nin crecente”
... transplantamos aos tarros.

Outro refrán lémbranos que “O marzo chegar podemos enxertar”. Como “en abril, augas mil”, chove moito e hai menos frío os gomos das viñas medran.
Con estes refráns que forman parte da tradición oral realizamos un guión para a radio.
Que o pasedes ben escoitando

xoves, 22 de marzo de 2018

ENCONTRO ARREDOR DA POESÍA


Hoxe xoves 22 de marzo continuamos cos encontros arredor da poesía.
Nenas e nenos de cuarto durante o acto
Xuntáronse cuarto e sexto que fomentan unha relación de cohesión entre alumnado titor e titorizado.
Os de sexto declamaron poemas despois de introducir as nocións básicas da métrica.

Alumnado de sexto na súa intervencción
Os de cuarto lembraron versos escritos por García Teijeiro da obra “Lendo lendas, digo versos” que nos visitará nun futuro non lonxano.

Lembramos que onte, en Radio Faladoiro, entrevistamos a poeta Miriam Ferradás.
Versos para todos!
Miriam con alumnas de cuarto e sexto no obradoiro de poesía




sábado, 3 de marzo de 2018

O PINTOR BARREIRO EN RADIO FALADOIRO

Como recordades, o 19 de febreiro tivemos a visita do pintor Barreiro. Antes de marcharse, foi entrevistado por algúns alumn@s de 5º de primaria na nosa radio Faladoiro.




Os nen@s desta aula fixeron  catro grupos. Un fixo un resumo das activiades feitas o día 19 de febreiro, o segundo preparou a súa biografía, o terceiro a súa obra e o cuarto a entrevista. 
A continuación podedes escoitar as gravacións na radio.


mércores, 28 de febreiro de 2018

CARTAS DAS EMOCIÓNS

Ola a tod@s!!!
Recordades esta publicación?

No noso corredor tivemos libros de emocións para que os alumn@s leran e lles axudara a elaborar as súas cartas.


Este é o resultado: Un fantástico mural cheo de sentimentos hacia aos seus pais, avoas, amigos, curmáns, tíos, irmáns.. e, incluso, mascotas.


Todos os nen@s recibiron un agasallo pola súa participación.



Foi moi difícil escoller cales eran as máis emotivas, xa que todas estaban cheas de moitos sentimentos. Despois de moito pensar, as elixidas como gañadoras foron as de Xiana de 5º e Antía de 6º de Primaria.


 




Aquí tedes o programa de radio Faladoiro dedicado ás EMOCIÓNS: 




Noraboa rapazas!!!!!!



martes, 27 de febreiro de 2018

VISITA DE SABELA GAGO

Outro día de visita na biblioteca. Hoxe foi Sabela Gago que axudou aos alumn@s de Infnatil e 1º e 2º de Primaria a descubrir que coa imaxinación poden crear grandes historias.


Comezou falando de Martín, un neno que estaba aburrido. Os seus pais compráronlle diferentes agasallos pero a el non lle gustaban. Ata que descubriu que con un lápis el era moi feliz.


E, por suposto, antes de marchar foi entrevistada na radio Faladoiro polos nen@s de 2º de Primaria.
Moitas grazas Sabela e tamén a editorial Santillana!!!




Entrevista a Sabela Gago:

venres, 23 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra

Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro. Como xa anticipamos estivemos toda a semana facendo lecturas desta autora na hora de ler. Algúns saíron ao patio, outros foron a biblioteca ou as fixeron nas aulas. 















As nosas fiestras están decoradas cos traballos realizados en familia cos versos de Rosalía e tamén coas fotos dos nen@s cos seus maiores.










Ademais os alumn@s de 2º de Primaria recitaron, na nosa radio "Faladoiro", os fragmentos das obras de Rosalía. Aquí tedes os enlaces para escoitar:











venres, 16 de febreiro de 2018

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio.
En Rede Espora (Escolas pola Radio) estivo Torriño encabezando a web, debido ao éxito dos programas do Mercadillo Solidario polo Día da Paz.
Ademais participamos no programa especial "Mulleres nas súas marcas" co motivo da celebración do Día da Radio.

No seguinte enlace podedes escoitar, entre outras nenas de Galicia, a Emma de 5º de Educación Primaria
https://soundcloud.com/user-263481977/dia-mundial-da-radio-2018-mulleres-nas-suas-marcas-rede-espora


Noraboa!!!!

martes, 3 de maio de 2016

Podcast dos alumnos de 6º

Os alumnos de 6º elaboraron un pequeno programa de radio retransmitindo a noticia do Día da Muller. 
Seguro que lembrades que ese día desfrutamos da visita de varias avoas para contarnos sobre os traballos que realizaban no río. Pero non me lío máis que os alumnos de 6º o explican moito mellor ca min.
Picade na imaxe para escoitar o programa.

Espérovos cos libros abertos!!