Imaxe e enlace da Wikipèdia |
Un libro que gustou aos asistentes, aínda que algúns manifestaron necesitaren un plus adicional nas primeiras páxinas.
Trata a obra do esforzo por sobrevivir nun mundo desolado por unha catástrofe. Unha atmósfera que atrapa ao lector nunha paisaxe queimada e cincenta onde o amor do pai convértese nun fío de loita para saír adiante. O libro está premiado co Pulitzer 2007.
A próxima cita será o 3 de abril e o libro "O bosque dos raposos aforcados" de Arto Paasilina editado en galego pola editorial Rinoceronte.
Se clicamos no enlace da editorial http://rinoceronte.gal/libros/o-bosque-dos-raposos-aforcados/ atopamos datos do autor e a obra. Paasilina deixáranos xa un delicioso regustiño despois de lermos "Delicioso suicidio en grupo".
No enlace https://issuu.com/rinoceronte_edit/docs/gc_01 existe unha guía de lectura para os que queiran afondar máis na obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario