Ola a tod@s!! Este mes de marzo está cheo de actividades e propostas para os alumn@s deste colexio.
Comezamos con dúas conmemoracións: 8 de marzo, Día da Muller Traballadora e Semana da Prensa.
Polo Día da Muller Traballadora contaremos coas visitas de algunhas nais dos nosos alumn@s e o luns 12 de marzo a directora do Museo Massó. Na nosa biblioteca teredes unha selección de libros relacionados coa temática no corredor. Vinde a visitarnos e lede algún destes exemplares!!!
E nesta Semana da Prensa temos unha proposta para os nosos nen@s: entrevistar a Mulleres da nosa contorna e elaborar unha noticia para expoñer no corredor da biblioteca.
Animádevos a participar!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario