No mes de marzo celebramos o II Concurso de Adiviñas na biblioteca. As adiviñas estaban relacionadas co noso proxecto: "Desenterrando os nosos tesouros". Aquí están os nen@s que deron a resposta correcta. Alba e Cristina de 5º, David de 2º de Primaria e Mara de 4 anos.
A semana pasada fixemos un programa en Radio Faladoiro onde os gañadores leron a súa adiviña, sendo presentado por unha alumna de 6º de Primaria.
A continuación podedes escoitar a gravación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario