venres, 4 de maio de 2018

VISITA A UN CENTRO DE DÍA DE PERSOAS MAIORES

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria continúa co seu labor de investigación dentro da contorna. O xoves, 3 de maio, realizaron un encontro con persoas maiores no Centro de día terapéutico Contigo. Desprazámonos ata Bueu onde realizamos unha xornada de convivencia para afondar nos oficios que tiveran cando estaban activos laboralmente; pero non poidemos esquecer as nosas pesquisas sobre o patrimonio inmaterial.
Conversa sobre os oficios e as ferramentas que usaban
Comezaron os alumnos de terceiro preguntando sobre os seus antigos oficios, as ferramentas utilizadas, as diferenzas co mesmo traballo na actualidade, a idade de cando comezaron a traballar,...
Os de cuarto recolleron algúns refráns, ditos, recordaron algunha canción de berce e interpretaron conxuntamente as cantigas populares onde destacaron "A rianxeira" e "Catro vellos mariñeiros", que non foron as únicas. Remataron cunha chocolatada e bizcoito tradicional.
Unha alumna de cuarto comezaba así o seu traballo de composición escrita sobre a visita "Cantamos, bailamos, rimos, fixémoslles preguntas, ... Pasámolo xenial!
Bizcoito e chocolate: Gracias!
Dar as grazas a todos os que se esforzaron en preparar o encontro con rigor e profesionalidade para optimizar os resultados: Noraboa!

As mulleres ían menos a escola para axudar na casa e no campo

Compartindo no encontro un aspecto salientable do patrimonio inmaterial: as cantigas tradicionais


A imaxe final conxunta, xa cansos,  antes de volver ás aulas: un bico e moitas gracias a todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario