No mes de outubro comezamos cun novo proxecto: "O despertar das sementes". Como actividade de motivación, xunto co equipo de dinamización, estamos traballando o conto: "A árbore da escola" de Antonio Sandoval.
A principios deste mes a especialista en Pedagoxía Terapeútica, profe Mariló, leu este libro en todas as aulas. Nalgunhas clases a lectura foi acompañada de pictogramas.
Despois tivemos que pensar que árbores nos gustaría ter na escola e elaboralo, empregando diferentes técnicas plástcias, para facer un mural colectivo. En pouco tempo xa vos ensinaremos como quedou.
Ademais os alumnos de 4º a 6º de primaria redactaron como lles gustaría que fose a árbore da súa escola. E os nen@s de 3º fixeron un resumo no caderno viaxeiro.
Gústame moito ese libro!!!
ResponderEliminar