Hoxe celebramos o "Día das Bibliotecas Escolares" saíndo ao patio para ler libros aos nosos compañeir@s. Fixemos apadriñamentos lectores, os nenos de 1º e 2º leron aos máis cativos e cos outros cursos de primaria fixemos titor-titorizado, seguindo o T+t. As lecturas foron en diferentes linguas: castelán, galego e inglés. Nestas lecturas escoitamos algúns dos libros da Maleta viaxeira: "Por unha biblioteca inclusiva".
Para rematar a xornada, os nen@s recibiron un agasallo de Torriño: unha chapa!
Feliz día das Bibliotecas Escolares!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario