Os alumn@s de 1º e 2º de Primaria fixeron unha saída de motivación do noso proxecto: "O despertar das sementes". Visitaron o Pazo de Lourizán, nel descubriron moitos tipos de plantas e árbores. As que máis chamaron a súa atención foron as secuoias, camelias e plantas carnívoras. Con esta saída trouxeron moita información para comezar co proxecto de investigación.
Para rematar a xornada, foron ao Parque dos sentidos no que desfrutaron cos xogos de discriminación. O que máis lles gustou foi o Parafuso de Arquímedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario