mércores, 21 de outubro de 2020

Celebramos o día das escritoras galegas

O día das escritoras é unha iniciativa promovida pola biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. 

E como non podía ser doutro xeito celebramos o día como se merece!

INFANTIL


En infantil visionado de vídeo de escritoras galegas, recitodo de Rosalía  e sesión de contacontos da escritora Eva Mejuto  con SuperARTE!

 
  

PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA


En primeiro e segundo de primaria traballamos coa obra de "Cara de Velocidade" de Marta Tojas. Seleccionamos poemas de superheroes e superheroínas, recitamos,  botamos a voar a nosa imaxinación.  SuperARTISTAS!

  


TERCEIRO DE PRIMARIA


E terceiro de primaria traballamos con diferentes mulleres, a súa importancia na historia da literatura galega e española. As que máis lle gustaron foron Rosalía de Castro, Gloria Fuertes, Fina Casalderrey e Elena Fortún. Aínda así, o mellor foi que investigamos sobre a biografía de Ledicia Costas, a autora que estamos traballando neste 1º Trimestre mediante a súa obra obra “Vampira de Biblioteca”.


 


Logo do traballo de investigación, quedou claro que tanto os nenos como as nenas poden adicarse ao que queiran a través do respecto e a igualdade. Por iso algunhas das nosas nenas poden chegar a ser escritoras cando sexan maiores. Imaxinades que algún día lemos algunha obra literaria das nenas do cole?...

CUARTO DE PRIMARIA


Os nenos e nenas de 4º comezamos o día preguntándonos por que existe un día das escritoras, en feminino. Coñecimos o caso dalgunhas autoras que tiveron que publicar os seus libros como “anónimos” para seren valorados, ou mesmo esconder o nome real detrás das iniciais, como a autora de Harry Potter, J. K. Rowling. O curso pasado lemos un libro de María Canosa (A cazadora de estrelas) e María Reimondez (Lía e as zapatillas de deporte), así que xa coñecíamos algunhas autoras talentosas e próximas!

Limos algúns textos de autoras moi especiais: Ledicia Costas, Susana Sánchez Aríns, Marta Dacosta, Eli Ríos ou Rosalía de Castro, á que xa coñeciamos, entre outras. Despois, xogamos coas súas palabras subliñando, descompoñendo os seus  relatos, recurtando e pegando para compoñer outros novos. Inventamos algúns microcontos con partes da súa obra e engadimos palabras nosas tamén, facendo ao final unha ilustración exprés. Gústanvos?

   

Agora estamos inmersos na Vampira de Biblioteca de Ledicia Costas, unha autora con moito talento que nos gusta un montón. Outro día contámosvos as nosas aventuras con Eleonora e os couzóns!

QUINTO DE PRIMARIA


En quinto de primaria, elixiron a Ledicia Costas, escritora da que están a ler  na obra" Escarlatina A cociñeira defunta". Non faltou a investigación da escritora.

O desexo do alumnado é poder coñecela aínda que sexa de xeito virtual, e poder renderlle homenaxe pola obra que están a ler e tan intrigados os ten.



SEXTO DE PRIMARIA

O traballo de homenaxe en sexto de primaria pasou por tentar contactar con escritoras para facerlle unha pequena entrevista por carta. As elixidas foron escritoras que os nen@s coñecían: Ledicia Costas,  An Alfaya, Fina Casalderrey e Míriam Ferradáns. Podedes pinchar para ver as respostas. 

 Ver a carta resposta enviada por An Alfaya






GRAZAS a todas e a seguir escribindo!!



"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)  



Ningún comentario:

Publicar un comentario