Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de marzo de 2026

Rosalía na Torre dos encantada dos Soños

A homenaxe a Rosalía de Castro, converteuse nunha celebración chea de emoción, palabra viva e orgullo pola nosa autora máis universal. No aniversario do seu nacemento, o alumnado mergullouse na súa obra para crear novos poemas inspirados nos seus versos, xogando co ritmo, coa musicalidade e coa forza do amor por Galicia, que  Rosalía deixou como legado. Cada creación foi unha maneira  de traer ao presente a súa voz e de facer propia a súa sensibilidade compartindo os seus soños cos do alumnado.

O traballo poético completouse cunha visita a Radio Faladoiro, onde os nenos e nenas recitaron fragmentos da obra rosaliana a modo de feitizos.

Non deixedes de escoitar os programas de radio adicados a Rosalía, porque lembrar a Rosalía é querer a Galicia.







Celebrar a Rosalía é tamén celebrar a lingua, a cultura e a historia que nos une!

luns, 31 de marzo de 2025

Encontro club de lectura do terceiro ciclo

 Nestes días estamos de encontros. O alumnado de terceiro ciclo de educación primaria reuníronse para falar da súa lectura " Hugo Cabrer". Tod@s coincidiron que a pesar de ser unha lectura longa,  foi  amena e divertida. A invención de Hugo Cabret é unha obra mestra que combina narrativa escrita e ilustracións impresionantes para crear unha experiencia única. A historia transcorre na París dos anos 30 e segue a Hugo, un rapaz orfo que vive nunha estación de tren. Hugo dedica a súa vida a manter en funcionamento un autómata, un legado do seu pai, e a desentrañar os misterios que o rodean.

A trama mestura misterio, aventura e un toque de maxia, mentres Hugo e a súa amiga Isabelle descobren segredos sobre o pasado dun pioneiro do cine, Georges Méliès. Nesta ocasión puidemos relacionar o libro escollido co muno do cine para completar con esta actividade o noso proxecto " Un cole de película". 

As ilustracións de Selznick non son só complementos, senón unha parte esencial da narrativa, que engade profundidade e emoción á historia.

Entre tod@s chegaron á conclusión de que este libro é unha homenaxe á creatividade, á resiliencia e á importancia dos soños. É ideal para lectores de todas as idades que buscan unha historia conmovedora e visualmente impactante.



Como cada club de lectura que facemos, levamos unha chapa para o recordo e momentos compartidos arredor de libros. Así que, xa estamos planificando a seguinte lectura.

Este curso será de película!

domingo, 24 de novembro de 2024

Un cole de película presenta.....

 Logo dun impresionate traballo na decoración da escola para a celebración do Samaín, decidimos aproveitar os decorados para facer as primeiras gravacións de curtas. O alumnado de segundo, terceiro e cuarto de educación primaria amosou grandes dotes artísticas. Traballamos tanto na elaboración dos guións como na produción e gravación. Xa perdemos o medo escénico, así que estamos preparados para ser grandes actores e actrices..

Ambientados nunha illa e chegando a terra nun barco pirata, descubrimos que os verdadeiros tesouros no son os obxectos materiais, senón a amizade...e por suposto o noso Torriño, mascota da nosa biblio, que nos agasalla cada día con fermosas lecturas, tan importantes para mellorar nas nosas aprendizaxes. Tres curtas feitas con moito agarimo . Desfrutade !





Curta de 2º de primaria "Os Piratas do Torre Cela"

 

"Isla Torriña", realizada polo alumnado de 3º de primaria

 

"Os piratas de Cela", polo alumnado de 4º de primaria


Na estrea, non faltaron as pombiñas. Este curso será de película!

luns, 18 de novembro de 2024

Contexto lingüístico de película

Seguimos a traballar por contextos de aprendizaxe, e como non podía ser doutro xeito, o PDI sempre está moi presente, e este curso, será de película! 

No primeiro trimestre, fixemos varias propostas: deseñamos entradas de cine, fixemos textos para promocionar películas, cambiamos o final en argumentos e  traballamos na procura de información sobre as nosas películas favoritas.


Tampouco faltou o traballo previo para participar no concurso de oratoria, e fomos quentando motores elaborando os nosos discursos que orientamos cara ao cine. Despois pasamos por radio Faladoiro para gravar e aquí tedes o resultado dalgúns deles. Seguídenos en Ivoox!

 

ESTE CURSO SERÁ DE PELÍCULA!

Día das escritoras

 No día das escritoras fixemos un traballo  sobre Chelo Loureiro, unha directora de cine galego, gañadora de catro premios Goya, especializada en cine de animación. Fundou Albano Producións en 2007. Un dos Goyas que recibiu foi ao mellor  largometraxe por  Valentina, no ano 2021, produción coa que traballamos nas aulas. Valentina é unha nena con Síndrome de Down que soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo. A súa avoa, que xoga con ela, tamén ten un desexo: chegar a converterse en directora de orquestra. 

Se queres saber máis non dubides en velo, non te arrepentirás.



 Este curso será de película!


Unha actriz de película: visita de Mayka Braña

Para conmemorar o día das bibliotecas escolares, ademais doutras actividades, visitounos Mayka Braña, conocida actriz marinense de series como Libro de famila , Pazo de familia ou Saudade de ti. Contounos que o éxito non chegou por casualidade, que hai que loitar polos soños e que todo esforzo ten recompensa. Aínda que ela non o tivo fácil, está inmensamente agradecida por cada unha das oportunidades que se lle ofrecen. 

Fixemos cartaces de benvida e informativos, logo de tela na biblioteca Luís Davila.




  


Se queredes saber máis, pinchade no enlace e escoitade a entrevista realizada por nenos e nenas de terceiro de primaria.


Grazas Mayka polos momentos compartidos, moitos éxitos na túa carreira.

Este curso será de película!

luns, 30 de xaneiro de 2023

XORNADA DE CONVIVENCIA POLA PAZ

Hoxe, día 30 de xaneiro de 2023, no CEIPP da Torre-Cela, conmemoramos o día internacional pola PAZ, aproveitando unha fermosa mañá de sol.

Primeiramente todos os nenos interpretamos unha canción cun entretido ritmo de percusión musical, que preparamos nas clases de música!

Despois os nenos e nenas de 3º de primaria, leron un manifesto pola paz, que prepararon nas aulas e que quixeron compartir con nós!

Rematado isto, o alumnado de 6º de primaria, encargouse de repartir un apetitoso chocolate con churros para todas e todas, que estaba delicioso e que tanto nos gusta!

E xa para rematar, e coas pilas ben cargadas, contamos coa compañía e os xogos da asociación Juan XXIII, que nos estiveron axudando e pasando unha estupenda xornada de convivencia con nós! MOITÍSIMAS GRAZAS :)






Foi unha estupenda mañá na que aprendimos que a PAZ comeza por nós mesmos e nós mesmas desde o noso día a día!

FELIZ DÍA INTERNACIONAL POLA PAZ :)

xoves, 8 de decembro de 2022

Obradoiros de adornos de Nadal con familias con moita arte!!!

Os nenos e nenas de 3°,4°, 5° e 6° de primaria realizaron dous obradoiros de manualidades, agrupados coas súas parellas T+t!

Nesta ocasión o obradoiro foi levado a cabo grazas a axuda de tres familias do alumnado que colaboraron elaborando con nós uns preciosos adornos navideños para vestir ao cole preparado xa para o próximo Nadal!!!!

Dividíronse en varios grupos e elaboraron diferentes manualidades como: coroas de Nadal, renos, Papá Noeles e árbores típicas desta data!

Desfrutamos dunha productiva e agradable xornada!!!

Moitas grazas a todos por facelo posible :)









Continuamos e…#ARRIBA O TELÓN

mércores, 21 de setembro de 2022

Contexto científico: a biodiversidade do ecosistema de costa

O primeiro grupo de 3° e 4° do Contexto Científico fixo unha saída para estudar a biodiversidade do ecosistema de costa nunha praia que nos resulta moi familiar... Agrelo! Vimos aves, crustáceos, liques, peixes, bivalvos, algas... E sacamos unhas fotografías moi interesantes para seguir traballando en equipo os próximos días nos recantos. 


Pasámolo tan ben que case quedamos a comer na praia! O xoves que vén repetimos co outro grupo, a ver se temos a mesma sorte co tempo.






Seguiremos informando das nosas investigacións, estade atentos e atentas!

xoves, 11 de febreiro de 2021

Biblioteca escolar...matemático!!!

 


Biblioteca escolar... matemático! Foi o lema elixido para o cartel de campaña de comezos de curso   nas bibliotecas escolares galegas. Apostando por este lema que quere salientar o papel da biblioteca escolar, e lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, queremos ensinarvos as distintas publicacións relacionadas coa nosa metodoloxía de aprendizaxe por contextos, neste caso no contexto matemático.


,

sábado, 6 de febreiro de 2021

Formación de radio

Hoxe, 5 de febreiro celebramos a primeira formación de radio deste curso. Neste ano tocoulle ao alumnado de primeiro e segundo de educación primaria. A encargada de impartir a formación foi Soledad Felloza que nos contou que  a radio é un medio de transmisión oral, e polo tanto, trátase do medio máis axeitado para a difusión, rexistro, recuperación e narración de historias. E a partir de historias, aprendemos que a voz é poderosa, e se algo non podemos conseguir con ela , conseguímolo con efectos de son, que poden ser dixitais ou manuais.


  

Continuará...!



mércores, 21 de outubro de 2020

Celebramos o día das escritoras galegas

O día das escritoras é unha iniciativa promovida pola biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. 

E como non podía ser doutro xeito celebramos o día como se merece!

INFANTIL


En infantil visionado de vídeo de escritoras galegas, recitodo de Rosalía  e sesión de contacontos da escritora Eva Mejuto  con SuperARTE!

 
  

PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA


En primeiro e segundo de primaria traballamos coa obra de "Cara de Velocidade" de Marta Tojas. Seleccionamos poemas de superheroes e superheroínas, recitamos,  botamos a voar a nosa imaxinación.  SuperARTISTAS!

  


TERCEIRO DE PRIMARIA


E terceiro de primaria traballamos con diferentes mulleres, a súa importancia na historia da literatura galega e española. As que máis lle gustaron foron Rosalía de Castro, Gloria Fuertes, Fina Casalderrey e Elena Fortún. Aínda así, o mellor foi que investigamos sobre a biografía de Ledicia Costas, a autora que estamos traballando neste 1º Trimestre mediante a súa obra obra “Vampira de Biblioteca”.


 


Logo do traballo de investigación, quedou claro que tanto os nenos como as nenas poden adicarse ao que queiran a través do respecto e a igualdade. Por iso algunhas das nosas nenas poden chegar a ser escritoras cando sexan maiores. Imaxinades que algún día lemos algunha obra literaria das nenas do cole?...

CUARTO DE PRIMARIA


Os nenos e nenas de 4º comezamos o día preguntándonos por que existe un día das escritoras, en feminino. Coñecimos o caso dalgunhas autoras que tiveron que publicar os seus libros como “anónimos” para seren valorados, ou mesmo esconder o nome real detrás das iniciais, como a autora de Harry Potter, J. K. Rowling. O curso pasado lemos un libro de María Canosa (A cazadora de estrelas) e María Reimondez (Lía e as zapatillas de deporte), así que xa coñecíamos algunhas autoras talentosas e próximas!

Limos algúns textos de autoras moi especiais: Ledicia Costas, Susana Sánchez Aríns, Marta Dacosta, Eli Ríos ou Rosalía de Castro, á que xa coñeciamos, entre outras. Despois, xogamos coas súas palabras subliñando, descompoñendo os seus  relatos, recurtando e pegando para compoñer outros novos. Inventamos algúns microcontos con partes da súa obra e engadimos palabras nosas tamén, facendo ao final unha ilustración exprés. Gústanvos?

   

Agora estamos inmersos na Vampira de Biblioteca de Ledicia Costas, unha autora con moito talento que nos gusta un montón. Outro día contámosvos as nosas aventuras con Eleonora e os couzóns!

QUINTO DE PRIMARIA


En quinto de primaria, elixiron a Ledicia Costas, escritora da que están a ler  na obra" Escarlatina A cociñeira defunta". Non faltou a investigación da escritora.

O desexo do alumnado é poder coñecela aínda que sexa de xeito virtual, e poder renderlle homenaxe pola obra que están a ler e tan intrigados os ten.



SEXTO DE PRIMARIA

O traballo de homenaxe en sexto de primaria pasou por tentar contactar con escritoras para facerlle unha pequena entrevista por carta. As elixidas foron escritoras que os nen@s coñecían: Ledicia Costas,  An Alfaya, Fina Casalderrey e Míriam Ferradáns. Podedes pinchar para ver as respostas. 

 Ver a carta resposta enviada por An Alfaya






GRAZAS a todas e a seguir escribindo!!



"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)