mércores, 14 de outubro de 2020

Preparando o Día das Bibliotecas Escolares

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas escolares, unha celebración impulsada pola Asociación de Amigos del libro Infantil e Xuvenil.

A edición deste ano, baixo o lema " Bibliotecas, sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Nesta crise sanitaria que estamos a vivir, desde a nosa biblioteca tentamos seguir ofrecendo servizos adaptándonos ao protocolo Covid.

As bibliotecas escolares galegas amósanse como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio.

Nós non podemos estar máis orgullos@s da nosa biblioteca escolar, tanto no seu espazo físico coma pedagóxico, considerándoa coma o motor da nosa escola. Por iso,   xa temos en marcha a nosa proposta para a celebración deste día. 

Algo se está a cocer na biblioteca do Ceip da Torre Cela....



Ningún comentario:

Publicar un comentario