Unha das experiencias da nosa biblioteca escolar, durante o período de cese da actividade presencial por mor da COVID-19, vinculadas ao programa Radio na biblio, foi seleccionada, e non podemos estar máis agradecid@s.
A radio foi durante este período unha ferramenta pegagóxica capaz de xerar unha importante dinámica de comunicación de apoio aos proxectos, de difusión de produtos culturais e de investigacións elaboradas polo alumnado.
A radio na biblio transformouse no espazo de encontro da comunidade educativa, un lugar onde escoitarse, no que falar e poñer en común o traballo feito na casa.
Grazas por escollernos!
DIPTICO RADIO NA BIBLIO EMITE... DENDE A CASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario