mércores, 25 de novembro de 2020

25 N- Día contra a violencia


Hoxe celebramos o 25N celebramos o día da NON VIOLENCIA. Os nenos e nenas de quinto de primaria fixeron un fermoso manifesto que podedes escoitar en Radio Faladoiro: NON ao insulto verbal, NON ao maltrato físico, NON aos estereotipos, NON á desigualdade, Non a privacidade de liberdades...

NON É NON: DI NON A VIOLENCIA DE XÉNERO


Os alumn@s de quinto traballamos  ao redor de 25 N no contexto lingüístico, e non faltaron fichas técnicas de contos sobre a temática ou lapbooks con  información.

   

En infantil e primeiro e segundo de primaria, a actividade centrouse na escoita activa de contos, xogos cooperativos e música. Isto nos levou a falar sobre liberdade, respecto e dialogamos sobre o medo e os temores. Tampouco faltaron as mensaxes positivas e as manualidades.


   

   

En terceiro coñecemos  por que se celebra este día, as cifras das mortes no que vai de ano e palabras relacionadas coa temática. Non faltaron cancións; unhas con letras claramente machistas, outras que falan de erradicar o problema social. Escollemos  lecturas recomendadas polo equipo de  biblioteca. Finalmente, coloreamos a nosa man de STOP VIOLENCIA, 25N, e en cada dediño, escribimos cinco palabras relacionadas con esta lacra. A nosa conclusión foi: SI O AMOR FIRE, NON É AMOR

      

En cuarto de primaria investigamos por que se escolleu o 25 de novembro como día pola eliminación da violenciade xénero e repasamos palabras clave como machismo, feminismo, xénero ou coeducación. Tamén deseñamos por equipos como pensamos que é o virus da violencia machista e inventamos unha vacina para erradicalo. Superiorvirus, MCCM, Sovirus e Parverosis teñen os días contados con estes antídotos. Algúns bébense, outro pínchase na nalga e outro é a base de zapatilla. Se tedes que tomalos, lede ben o prospecto!

    



     



En sexto de primaria a actividade centrouse na visualización de vídeos e reflexións sobre eles que plasmaron de xeito oral e gráfico.

      


O concello agasallounos con máscaras violetas que lucimos boa parte do día.



                                                             NON É NON!


        


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario