mércores, 2 de decembro de 2020

E seguimos con ....Vampira de biblioteca

 Os nenos e nenas de terceiro e cuarto seguimos lendo con moita emoción Vampira de Biblioteca, de Ledicia Costas.

Eleonora, a vampira protagonista ten un problema: hai uns couzóns que queren acabar con todos os libros da biblioteca de Coímbra! As couzas están ben organizadas e levan unhas caveiras terroríficas no lombo, e ademais non les asustan os vampiros nin os morcegos!

Agardamos que coa axuda de Xan e Mon, Eleonora logre paralas. No último capítulo que lemos, a vampira e os morcegos están buscando unhas palabras que se lle escaparon da boca a Eleonora, e están a piques de entrar na casa duns humanos...Lograrán recuperar as palabras perdidas do libro de Drácula? Cruzamos os dedos para que así sexa e as couzas non se salga coa súa.

  

Seguirémosvos contando desta fascinate lectura de biblioteca que nos mantén en vilo e con ganas de saber máis en cada capítulo. E se tedes que facer un agasallo, este libro está máis que recomendado! Palabra de lectores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario