...Chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como fuciona o mundo. Xurxo Mariño Alfonso
Como todos os anos, a Institución Galega de ciencia, propón dedicarlle o Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego. O estranxeiro este ano é Robert Koch, microbiólogo alemán, considerado un dos pais da bacterioloxía, que descubriu os bacilos da tuberculose e do cólera e foi premio Nobel de Medicina en 1.905. O científico galego escollido foi Ernesto Viéitez Cortizo que se ocupou da fisioloxía vexetal.
A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que por riba de todo, é unha maneira de pensar...Nas nosas bibliotecas podemos gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de alimentar e estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, porque a ciencia fala todos os idiomas, segundo o manifesto deste ano.
A nosa biblioteca escolar súmase a celebración do mes da ciencia en galego.
Durante este mes nos convertemos en supercientíficos. Aquí vos deixamos un resumo en vídeo de todas as nosas actividades que relacionamos coa nosa PDI superARTE!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario