mércores, 16 de decembro de 2020

Un Nadal para contARTE!

E xa saíron ás nosas recomendacións lectoras para este Nadal. Entre os agasallos para recibir non pode faltar a arte da literatura. E nós, quixemos facer a nosa propia selección de libros. Están clasificados por idades e engadimos dúas seccións; unha que é para todo o alumnado e outra recomendando libros dos artistas da nosa localidade: Luís Davila, Míriam Ferradáns e Marc Taeger.

       

E seguimos co noso calendario de advento, que está a ser todo un éxito entre o noso alumnado.

 

Nesta ocasión vos ensinamos a actividade realizada por cuarto de educación infantil con " Soños de neve". Durante a lectura, os cativos interactuaron cos animais da granxa. Despois decoraron unha árbore coma a do conto con gomets.

      

En cuarto de primaria tocou "Perro Apestoso Feliz Navidad!" Según nos contan os nen@s de cuarto de primaria, en canto empezaron a ler, escacharon coa risa. Resulta que Perro Apestoso cheira moi mal e só ten un amigo, o Gatochato. Buscan un sitio onde pasar o Nadal pero téñeno moi difícil. E mentres pásanlle unhas cousas....

Recoméndannolo para que o leamos neste Nadal en familia!  

    


  
 

En quinto de primaria tamén desfrutando do seu conto na biblioteca.


Xa vedes que temos un Nadal cheo de ARTE. Na seguinte publicación vos ensinaremos unhas actuacións moi especiais que estamos a preparar con moito agarimo, utilizando as posibilidades da nosa biblioteca. 
SuperARTE!






Ningún comentario:

Publicar un comentario