Neste Plan II do Contexto Humanístico estudamos
dúas Idades Históricas: A Idade Moderna e a Idade Contemporánea. Para profundizar todos os acontecementos históricos, no Recanto 1.
“Informático” cada grupo realizou unha presentación mediante a aplicación
GENIALLY, na cal debían escoller un acontecemento histórico e traballalo a
partir de todas as oportunidades que nos da esta app. Despois, xa no 2º
Recanto. “Buscando Historias”, cada grupo debeu recordar toda esa información
recompilada no seu Genially e facer ca aplicación de moda… o TIK-TOK un vídeo
informativo cunha serie de pautas: ter texto, música, que saliran todos os
membros do grupo, que fora un bo vídeo sobre ese acontecemento histórico e non
debemos esquecer que… sempre con educación, respecto e seguridade pola escola,
xa que foi ao aire libre!
Pois sí, o recanto final, o Recanto IV. “Creativo” foi a
impresión en 3D da noso invento realizado no anterior recanto. Aprendimos tamén
a utilizar a máquina e sobre todo… quedamos abraiados e abraiadas co seu
funcionamento!
Ningún comentario:
Publicar un comentario