Neste mes, traballamos as emocións con distintas actividades que pasaron pola nosa biblioteca. Non faltaron os contos que tanto transmiten, como "Así es mi corazón", " Mounstruo Azul" ou Leotolda, unhas das últimas adquisicións de fondos . Ampliamos a escoita activa con actividades superartísticas...
Traballamos con cadros nos que atopamos emocións que tivemos que transmitir a través de creacións; eliximos imaxes e utilizamos a mesa de luz para identificalas. Tamén tratamos de facer creacións coas emocións que sentiamos nese momento.
No contexto lingüístico traballamos con poesías relacionadas con emocións, fixemos escenificacións e representacións teatrais e buscamos información de obras de arte que nos trasmiten distintas emocións.
EmocionARTE!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario