O 23 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º participou nunha visita virtual, adaptada aos tempos Covid, ao Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago. Fixeron un percorrido pola exposición "As miradas de Isaac", que os levou a coñecer a vida do artista galego Isaac Díaz Pardo, que viviu desde moi pequeno nun ambiente artístico, e que desenvolveu distintas disciplinas ao longo da súa traxectoria: pintura, escultura, literatura..
Descubriron as peculiaridades da súa obra a través de distintos xogos nos que tiñan que identificar a mirada de Isaac en cadros, carteis e esculturas.
SuperARTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario