xoves, 25 de marzo de 2021

Elena Bangueses, un paseo pola desigualdade na arte

Coñecemos o papel das mulleres na historia da arte da man de Elena Bangueses cunha charla virtual para tempos COVID, unha actividade moi interesante organizada pola ANPA a quen lle agradecemos a súa implicación e colaboración en moitas das actividades propostas.

Elena Bangueses falounos das desigualdades que existiron na arte durante moitos anos, predominando obras de arte e artistas masculinos. Elena dividiu a charla en etapas para destacar o valor da Muller na arte. Falounos de Ende  na época Medieval, a primeira Muller monxe, pintora e decoradora; de Safonisba Anguissola no Renacemento, facía retratos de familias nobres e xente importante; no Século XIX, de Berthe Morrisot que  foi unha artista que traballaba con xente moi importante no seu taller e de Maruja Mallo, no século XX. Coñecemos tamén a  Louis Borgeous, a primeira Muller escultora en exponer as súas obras nun gran museo e destacou a outras artistas como Kayoi Kusama, Abramovic, Esther Ferres, Paula Rego, e Ángela da Cruz.

E reflexionamos sobre as desigualdades que existiron na arte ao longo de moito tempo, desexando que desaparezan para sempre.


  

  

SuperARTE!




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario