xoves, 1 de abril de 2021

No día das Artes Galegas estreamos o documental " Bueu, terra de artistas"

 Hoxe 1 de abril estamos de vacacións, pero  queremos celebrar con todos vós o Día das Artes Galegas, que este ano polo tema do noso PDI "SuperARTE" ten especial significado.

O alumnado de 5º e 6º de primaria traballou da man da súa profesora do contexto lingüístico Mireya Pérez, na realización dun documental titulado "Bueu, Terra de Artistas" no que investigaron sobre a traxectoria de artistas como Míriam Ferradáns, Marc Taeger, Chus Pazos, Arturo Sánchez Cidrás, Tino Resille, Manuel  Barreiro, Manuel Pena e Luís Davila.

O venres 26 de marzo fixemos unha presentación oficial virtual, onde estivemos acompañados polo alumnado do cole,  autoridades e  personalidades do mundo da educación, e algúns dos nosos artistas aos que os seus compromisos profesionais llo permitiron. 



A prensa fíxose eco da nova e o sábado saímos no periódico.



 A tod@s, queremos darvos as grazas por acompañarnos neste día para coñecer o traballo do nos@ alumnado. E un agradecemento especial aos artistas, pola súa colaboración desinteresada e a súa dispoñibilidade para acudir ao noso centro e facer as reportaxes con tanto cariño. GRAZAS! 

E ahí vai o Teaser...

(se non carga o video no teléfono preme no seguinte enlace: https://youtu.be/WzgsYRPutwQ)


Pero se o queredes visionar ao completo, Ceip Torre Cela presenta....."Bueu,terra de artistas"
(se non carga o video no teléfono preme no seguinte enlace: https://youtu.be/KOE9swkS1fQ)


                                                        Noraboa aos protagonist@s.SuperARTE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario