Seguimos co fomento da lectura desde a nosa biblioteca escolar. Na etapa de infantil e primeiro e segundo de primaria, a lectura na biblioteca faise a través da escoita activa de contos con actividades de distintos tipos que pretenden a comprensión e o fomento da creatividade. Neste curso centrámonos en libros de emocións relacionadas coa temática do proxecto SuperARTE.
Na etapa de primaria temos libros de lectura común para cada un dos trimestres. Acudimos a biblioteca para lelos e facer actividades sobre os mesmos. Tamén hai momentos para lectura libre e préstamos de fondos. Todos os grupos contan cunha hora fixa no horario da biblioteca para dispoñer dela e facer actividades de fomento á lectura, lectura libre e/ou préstamo de fondos.
Entre os títulos elixidos neste curso están "Mat y la fama". "Robo en el circo" , " La guerra de los dragones" e "Superpataca" para o alumnado de primeiro e segundo de primaria. En terceiro e cuarto elixiron "Vampira de biblioteca" e " El club de los raros"; e os máis maiores, "Los tres peregrinos e " A cociñeira defunta".
Asemade, para a celebración das datas sinaladas contamos cunha chea de fondos de cada temática cos que investigar, traballar e/ou gozar da lectura.
Anímate a ler!
Ningún comentario:
Publicar un comentario