O 15 de abril, vense celebrando desde o ano 2012, o Día Mundial da Arte, unha data que busca dar a coñecer a importancia que ten a ARTE, e sobre todo o pensamento creativo. A partir do ano 2.012, oficializouse este día por parte da UNESCO. A data elixida ten un significado, e é que ese día naceu Leonardo da Vinci, un home que foi pintor, escultor, deseñador, arquitecto, poeta e un longo etc.
Por iso, desde o noso cole, e tendo en conta o título do noso Proxecto SuperARTE, non quixemos deixar pasar a oportunidade de adicarlle as actividades do día á Leonardo da Vinci, traballando unha das súas obras máis coñecidas " La Gioconda" ou " Mona Lisa".
SuperARTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario