Coa participación dos cativos contou a historia de Martín, un neno ao que lle querían facer un agasallo pero ningún lle servía; ou era grande, ou pequeno, ou moi curto... Despois de falar cun neno maior e pensalo moito decide que o agasallo que máis quere recibir é un lápis para debuxar e escribir os seus pensamentos, soños, alegrías...casualmente igual ca Xela Arias, que sempre ía con lápis e caderno a todas partes.
Mediante a narración, o xogo e moita maxia desfrutamos desta sesión de contacontos para infantil ao aire libre, para festexar abril, o mes dos libros.
Se queres aventura, lánzate á lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario