luns, 12 de abril de 2021

Encontro virtual con Ledicia Costas

 O 8 de abril tivemos un encontro virtual coa escritora Ledicia Costas da man da editorial Xerais, despois de ter traballados os libros"Vampira de biblioteca" o alumnado de 3º e 4º, e " A cociñeira Defunta" o alumnado de 5º e 6º. Neste encontro, a escritora falou sobre a súa traxectoria e o seu traballo como escritora e respondeu a múltiples preguntas do alumnado. Os nen@s, destacaron o divertida e entretida que resulta a lectura das historias da autora, comentario que agradeceu Ledicia, que afirma, que o mellor premio á saber que os nenos e nenas gozan coa lectura dos seus libros.




No seguinte texto podedes ler un fantástico traballo que resume a videochamada, realizado por unha alumna de sexto, Alba. 

Ledicia Costas Álvarez, é unha escritora galega, naceu en Vigo o 19 de setembro de 1979, empezou a escribir con 8 ou 9 anos e leva sendo escritora 30 anos. Ledicia estudou dereito, pero despois de traballar uns anos como avogada decidiu deixalo e centrarse completamente na literatura.

Na videochamada do pasado xoves explicounos moitas cousas da súa vida.

Gústalle facer libros de historias de mortos, espíritos, vampiros... Cre que a morte é un tema que debe ser tratado con máis naturalidade e por iso escribe libros nos que se fala dos mortos de xeito cómico.

Tamén gústalle moito ler, escribir o chocolate e xogar a Nintendo, iso axudoulle moito na corentena.

O libro que máis lle custou escribir foi "Un animal chamado néboa" un libro da segunda guerra mundial no que tivo que estar documentándose moitísimo tempo.

Tamén nos contou que o seu libro favorito é Drácula.

Ela escribe polas noites e as fins de semana. Concéntrase no seu despacho cos seus bonecos preferidos.

O que máis me chamou a atención da videochamada foi que o libro de Escarlatina a cociñeira defuta está tamén traducido en Koreano. Grazas aos premios que recibiu este libro, ela viaxou a outros países e coñeceu a moita xente.

O libro de Escarlatina é o libro que lemos na clase de sexto. Trata sobre un neno chamado Román, quere ser un chef, e polo seu décimo aniversario pídelle aos seus pais un curso de cociña. Neste coñece a Escarlatina, unha nena morta, que xuntos viaxan ao inframundo para preparar un prato que lle guste aos mortos e aos vivos, podendo revivir a Escarlatina.

O libro gustoume moito, pareceume moi divertido, interesante e con

moita intriga.


Ningún comentario:

Publicar un comentario