Dentro do traballo realizado no mes de marzo para celebrar o 8M, sobre mulleres importantes na arte en relación coa prensa, o alumnado de 3º e 4º de primaria, fixo un traballo para a televisión sobre Xulia Minguillón. Foi unha pintora galega, que naceu en Lugo e se formou na Escola de Artes e Oficios de Madrid e na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. No ano 1.941, converteuse na única muller en conseguir unha medalla de ouro na Exposición Nacional de Belas Artes co seu cadro "Escuela de Doloriñas". Aprendemos moitas cousas máis sobre ela que podedes ver no noso programa de televisión, non volo perdades!
SuperARTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario